martes, 16 de mayo de 2017

Collage

 Para este traballo tiñamos que facer un collage, experimentando con diferentes materiais. Este é o meu resultado:


Utilicei cartón, papel (post-it, revista), papel de aluminio, pegatinas, unha carta, unha cinta dunha medalla e un forro dunha caixa (marco), todo sobre unha cartulina negra.

O que intento representar é o momento de emoción e liberación que se sente cando chega unha idea realmente boa que che fai especial ilusión.



lunes, 15 de mayo de 2017

Análisis de Anuncios en Medios Impresos

-Anuncio 1: 




A simple vista parece un cartel simple, pero en realidade a súa construcción é máis que complexa. A gran maioría das liñas de forza (creadas pola forma dos guantes, a forma, etc.) acaban ou empezan nalgún punto dos tercios. Tamén hai dous grandes focos de atención marcados pola influencia de varias liñas de forza, que son os textos de arriba e abaixo dos guantes.

-Anuncio 2:




Neste caso non se nota tanto o uso da regra dos terzos, só coinciden un par de liñas de forza na metade dalgún cuadrante. É unha composición central, e con masas equilibradas tanto a un lado coma outro da figura principal. As miradas dos ollos, os xestos e os conxuntos en xeral van a levar ao maior punto de interese, o coche e a súa marca.

10 Tipos Básicos de Composición Fotográfica

1. Regra dos Tercios:




2. Liñas Guía:
Líneas que recorren a mirada de fóra para dentro.



3. Diagonales:
Líneas oblicuas, neste caso formadas polo corpo humano e un tronco, que dan dinamismo e desequilibrio.




4. Enmarcado:
A cova serve de marco natural para as flores.



5. Figura - Fondo:
O brillo e o color blanco do can contrastan co fondo. A profundidade de campo axuda a destacar a figura do fondo.



6. Enche o cadro:




7. Centrar o ollo dominante:




8. Patrón, Ritmo, Repetición:
O patrón de bólas de cores planas rómpese co número 8.




9. Simetría:




10. Número 3:

jueves, 11 de mayo de 2017

Apuntes de C. Aud. para ABAU

O meu apartado de apuntes de Cultura Audiovisual para a proba de ABAU: Industria cinematográfica segundo a evolución da produción audiovisual e Organigrama nunha produción audiovisual.

Bokehrama

Na clase explicamos o concepto de Bokehrama, que consiste en sacar varias fotos dende un mesmo eixe e xuntalas despois cun programa (Hugin ou Lightroom) para así simular o efecto de gran profundidade de campo que se crea cunha cámara de medio formato.
Eu quixen probar esta técnica e este é o resultado:




-As distintas fotos xa mapeadas e xuntadas polo programa, sen recortar.-

jueves, 9 de marzo de 2017

Homenaxe a Matrix

Tras ver Matrix, dos irmáns Wachowski, foisenos asignada a tarea de realizarlle unha homenaxe en calqueira formato audiovisual. Eu decidín facer un cinemagraph, que consiste nunha imaxe conxelada na que hai un leve movemento, algo así como unha "foto con vida". Tiven que buscar información de como se facía porque non tiña nin idea, e parecíame un recurso bastante interesante de aprender. Hai un leve movemento que non cadra xa que a imaxe non estaba completamente fixa. Este é o resultado:

martes, 7 de marzo de 2017

Cartel de Cine

Tiñamos que facer un cartel dunha película calquera. Hai que ter en conta que existen unha serie de aspectos que se repiten en infindade de casos, como a composición triangular, ou o feito de que o nome do actor chegue a destacar máis incluso que o título da película. Eu fixen o cartel de Fight Club, de David Fincher. Para iso collín as imaxes máis características da peli e xunteinas facendo tamén unha composición en triángulo, sobre unha imaxe que corresponde cun frame do final do largometraxe.