Para este traballo tiñamos que facer un collage, experimentando con diferentes materiais. Este é o meu resultado:
Utilicei cartón, papel (post-it, revista), papel de aluminio, pegatinas, unha carta, unha cinta dunha medalla e un forro dunha caixa (marco), todo sobre unha cartulina negra.
O que intento representar é o momento de emoción e liberación que se sente cando chega unha idea realmente boa que che fai especial ilusión.
A simple vista parece un cartel simple, pero en realidade a súa construcción é máis que complexa. A gran maioría das liñas de forza (creadas pola forma dos guantes, a forma, etc.) acaban ou empezan nalgún punto dos tercios. Tamén hai dous grandes focos de atención marcados pola influencia de varias liñas de forza, que son os textos de arriba e abaixo dos guantes.
-Anuncio 2:
Neste caso non se nota tanto o uso da regra dos terzos, só coinciden un par de liñas de forza na metade dalgún cuadrante. É unha composición central, e con masas equilibradas tanto a un lado coma outro da figura principal. As miradas dos ollos, os xestos e os conxuntos en xeral van a levar ao maior punto de interese, o coche e a súa marca.
Na clase explicamos o concepto de Bokehrama, que consiste en sacar varias fotos dende un mesmo eixe e xuntalas despois cun programa (Hugin ou Lightroom) para así simular o efecto de gran profundidade de campo que se crea cunha cámara de medio formato.
Eu quixen probar esta técnica e este é o resultado:
-As distintas fotos xa mapeadas e xuntadas polo programa, sen recortar.-
Tras ver Matrix, dos irmáns Wachowski, foisenos asignada a tarea de realizarlle unha homenaxe en calqueira formato audiovisual. Eu decidín facer un cinemagraph, que consiste nunha imaxe conxelada na que hai un leve movemento, algo así como unha "foto con vida". Tiven que buscar información de como se facía porque non tiña nin idea, e parecíame un recurso bastante interesante de aprender. Hai un leve movemento que non cadra xa que a imaxe non estaba completamente fixa. Este é o resultado:
Tiñamos que facer un cartel dunha película calquera. Hai que ter en conta que existen unha serie de aspectos que se repiten en infindade de casos, como a composición triangular, ou o feito de que o nome do actor chegue a destacar máis incluso que o título da película. Eu fixen o cartel de Fight Club, de David Fincher. Para iso collín as imaxes máis características da peli e xunteinas facendo tamén unha composición en triángulo, sobre unha imaxe que corresponde cun frame do final do largometraxe.
Nesta sesión de fotos tiñamos que facer entre 3 e 5 retratos. Eu optei por facer dúas en vertical e outras dúas en horizontal. O modelo é Anxo Nieto e a localización é a fábrica abandonada de Boiro Mar, no Chazo. O clima nese momento do día era perfecto para sacar fotos, xa que as nubes funcionan como difusor da luz do sol aportando unha luz suave. As fotos están posteriormente editadas co LightRoom.
Para este traballo tiñamos que realizar un matte painting dixital, que consiste en grabar un vídeo e, mediante a superposición dunha imaxe, modificar parte do contido que se ve.
Eu decidín converterme en mago unha vez máis e facer que tras o armario se abrise unha paisaxe nevada. Para integrar mellor a imaxe apliqueille un pouco de corrector de color e púxenlle sombra polos extremos para darlle algo de profundidade, aparte tamén das partículas de neve caendo.
Hai moitas formas de representar e de plasmar unha historia, e esta consiste en contala a través de imaxes postas unha detrás doutra para crear un vídeo. As fotos que se utilizan son os chamados fotogramas clave dunha acción, algo máis ou menos coma nos cómics.
Pero claro, son só fotos, no hai sonido, polo tanto débese elaborar un traballo de foley. Algúns sons, coma o do microondas, foron grabados por min, mentras que hai outros que saquei de internet. Outro problema é o dos diálogos e no meu caso a historia necesitaba unha conversación. Descartei a opción do doblaxe porque non teño os medios necesarios para que me quede un resultado mínimamente decente, e optei por engadir subtítulos.
A música utilizada está libre de copyright: Good Starts - Jingle Punks, Not for Nothing - Otis McDonald, Crypto - Kevin MacLeod
No Gimp hai unha ferramenta na que podes modificar os rostros chamada iWarp. Eu modifiquei a cara enfadada de Samuel L. Jackson a unha expresión de tristeza:
Nesta práctica de Gimp tiñamos que poñerlle tattoos ao modelo. Para que queden ben integrados necesítase deformalos un pouco e aplicarlle corrección de color.
Tras ver Blade Runner, de Ridley Scott, tiñamos que facerlle unha homenaxe, que podía estar feita en calquera manifestación artística. Eu optei pola realización dixital (InkScape) dun cartel:
Este foi o proceso de creación:
A idea principal era poñer a Deckard e, nun segundo plano, a pirámide tan característica do filme. Para esto tracei a silueta da pirámide e utilicei a ferramenta de vectoriación de mapa de bits para a imaxe do Blade Runner.
As cores de tons azuis oscuros e desaturados recordan un pouco á atmósfera da cidade na que se ambienta a historia, así como os tons máis claros, que aparte de darlle contraste á composición, fan alusión as luces nocturnas da urbanización.
Decidín tamén incorporar o unicornio de papel, xa que é un dos elementos máis icónicos da obra. Para completar o espacio engadinlle o título da película no alto da pirámide e, como a tipografía é a oficial, fai que o cartel se contextualice moito máis.
Quería ir un paso máis adiante e engadir máis detalles, como a chuvia (tamén moi utilizada no largometraxe). Tamén lle aumentei o contraste.
Neste paso, o traballo xa podería estar acabado, pero pódese ver que, tanto o texto como o unicornio, non se integran completamente co resto de elementos. Pónselle cadansúa textura, un pouco de corrección de color e solucionado.
O último traballo do primeiro trimestre foi facer un stop motion. Debido ó pouco tempo que tiñamos para facelo, eu decidín utilizalo como un recurso dentro dun vídeo, porque facer nunha semana unha historia completa con esta técnica é moi díficil. Entón ocorréuseme a idea de facer unha historia na que eu aprendera a ser mago e me dedicara a fastidiar a meu irmán. Nace así Como ser Mago:
Como dixen antes, para facer este traballo tiñamos pouco tempo, entonces eu decidín facer tanto un guión técnico como literario (á miña maneira), para que o día de rodaxe saíra todo máis fácil e rápido. Probablemente non coincidan todos os planos co guión, xa que sempre se elimina algún no montaxe si se considera oportuno.
Para os planos de stop motion utilicei a técnica da pixelación, pero de dúas formas: a primeira é a forma clásica, mover-foto-mover-foto... Podémola ver no plano do cubo de rubik. A segunda utiliceina nos planos nos que voaba. Consiste en grabar un vídeo no que vaias saltando a cada paso que das e, despois, en postprodución, cóllense os frames nos que o corpo está máis alto e xúntanse todos.
Para a edición e montaxe seguín o mesmo procedemento que no corto do ano pasado, primeiro montar cada escena por separado, sen efectos de sonido nin visuais. Despois xuntar todas as escenas e retocar uns últimos detalles (continuidade entre planos, transicións...). Tendo todo xunto, é hora de facerlle un retoque ao color para melloralo un pouco e, finalmente, añadir os efectos de sonido mais a música, que a saquei de Incompetech. Os créditos das cancións están postas na descrición do vídeo.
Para este traballo tiñamos que facer unha fotomontaxe extraendo unha figura para poñela noutro fondo.
A miña idea principal era usar o famoso cadro de Munch, El Grito, como fondo para esta foto, pero á hora de extraer a cara dinme de conta de que se saía de plano, polo tanto, non ía quedar todo o ben que eu quería.
A idea definitiva ocorréuseme cando estaba resolvendo un cubo de rubik, me caeu ó chan e se despegou unha peza. Pensei que podía quedar ben poñerme a min sentado no borde do oco mirando o interior do cubo. E así me quedou:
Ademáis, esta opción conta con fotos feitas por min:
Unha nova técnica e, polo tanto, un novo traballo. Desta vez o obxectivo era facer un time-lapse e integralo nunha historia cun mínimo de narrativa. Eu decidín grabar un día da miña vida con esta técnica. Aquí The Life-Lapse:
O procedemento que seguín para a realización deste traballo foi básico: primeiro ter a idea, desenrollala e planear as distintas tomas. Despois, organizar os días de grabación e que tomas facer en cada un. Porque aínda que se vexa un día da miña vida, está grabado en 3 distintos, por problemas de tempo. Entón hai que ter en conta o vestuario, que sea o mesmo, e a iluminación, porque, por exemplo, a última toma está grabada o domingo ás 12:00 do mediodía pero no vídeo correspóndese co momento de irse a dormir. Á hora de poñer a cámara a sacar fotos, é importante ter en conta canto tempo da realidade vai captar e cada cantos segundos vai sacar cada foto. Unha vez feitas, editeinas co Lightroom para que se vexa todo aínda que sea un pouco máis bonito.
Paths of Hate é un corto de animación 3D feito por Damian Nenow, do Instituto de Cine polaco, no ano 2011.
Comeza o corto e comezan os créditos iniciais, que aparecen sobre un ceo cheo de rastros de fume de avións. As letras desvanécense coma se fosen nubes, o que axuda a integrar todo de maneira perfecta e dende un principio, poñéndonos en situación.
En canto aos planos, podemos ver, sobretodo ao principio, que abundan os moi abertos, con moito espazo, deixando ver a inmensidade das nubes. Este pode ser un recurso que Nenow utiliza para presentar a historia. Despois, tanto o movemento e a inestabilidade, captados por uns planos que parecen grabados cunha terceira avioneta seguindo a traxectoria da persecución, son elementos que axudan a darlle ese dinamismo e esa acción que unha escea coma esta precisa. E para intensificalo, os planos fanse cortos cando hay un momento de tensión.
A medida que nos imos familiarizando con todo e a trama entra xa no seu desenvolvemento, os planos vanse facendo máis cerrados, deixando ver as caras dos protagonistas. Hai tamén planos detalle que nos mostran elementos que son importantes para historia, como o contador de combustible, a foto da muller dun dos pilotos ou como a metralleta que se vai quedando sen balas.
A animación comeza de forma tranquila, pero tan pronto as avionetas entran en plano, o ritmo aumenta considerablemente. O punto máximo de tensión encontrámolo no momento no que están a dous palmos do nivel do mar, neste momento os planos son moi rápidos, hai zooms e movementos bruscos... A maior parte do corto ten un ritmo alto, e é que se está a respresentar o odio a través dunha persecución. Pero hai un momento no que a acción se ralentiza, os planos son largos e están a cámara lenta. Este momento é cando se están quedando sen munición, e probablemente que estea feito así teña un trasfondo, que veremos máis adiante.
En definitiva, combinando planos moi abertos con planos cerrados, o movemento da acción coa estabilidade dos momentos máis calmados e a variación de planos largos e cortos, fan deste corto, tanto a nivel fotográfico como rítmico, unha obra bastante ben lograda.
A parte narrativa desta historia non é moi complexa, xa que non hai diálogo, a trama está contada a través das imaxes e de forma lineal, aínda que non hai unha presentación clara. Non sabemos o motivo polo que as dúas avionetas se están enfrentando. Basicamente a historia resúmese nun enfrentamento entre dúas avionetas, fomentado polo odio, tanto que chega un momento no que ambos se quedan sen munición e parece que se calman, pero aínda lles queda un último recurso, un choque frontal. Pero aínda non é suficiente e, mentras descenden en paracaídas, séguense disparando incansablemente ata que chegan o chan e o odio, todavía presente, dálle as últimas forzas a ambos para arrastrarse pola neve, moi lentamente, pero o vento acaba desintegrando os corpos.
En canto á parte sonora, cabe destacar que, ó ser un corto de animación, hai que engadir todos os sons, é dicir, foley. E neste caso, está moi ben logrado, os sons están ben integrados e non se aprecia nada que estean añadidos a posteriori. En moitos planos, as avionetas vanse movendo dun lado a outro da cámara e pódese notar como o sonido en estéreo fai paneos de dereita a esquerda e viceversa, seguindo a traxectoria.
Cerca do minuto 1:25 escoitamos a primeira música, que nos crea unha certa tensión e nos adianta que algo está por pasar. Esta música para xusto antes do momento no que o piloto presiona o gatillo, acentuando a intensidade do momento. Despois, no minuto 2:37 empeza un tema que engade unha gran cantidade de tensión e que se acentúa quitando o resto de sons, só se escoita única e exclusivamente a melodía estresante. E coma no caso anterior, a música córtase xusto antes de que se efectúe a acción que determina a escea, neste caso, a activación da palanca que acciona as rodas. Seguido desto, vén un tema de xénero rock, que se adapta perfectamente ao ambiente do conflicto.
Cando ambos pilotos quedan sen munición e se separan, soa unha música ambiente relaxada, que indica que chegou a tregua e acabou o conflicto e, polo tanto, sepáranse. Pero volven a carga e polo tanto volven os ritmos acelerados e a música de estilo rock. Máis adiante, na escea dos disparos cando descenden en paracaídas, hai unha melodía tranquila, o cal pode resultar estrano, pero produce unha sensación de que todo está por acabar. Esta melodía sucédese cun último tema de rock que nos deixa cun final épico.
Continuamos coa parte simbólica: está claro o tema que trata este corto, xa o propio título nolo di, o odio. Dende que comeza pódese notar no ambiente que o odio é o que move a estes dous pilotos a intentar matarse. Tamén fai que sexa imposible liberarse del, nin a relixión nin o recordo da muller son quen de extirpar o odio do corpo unha vez entra.
No minuto 4:21, volvendo ao que parágrafos máis arriba comentabamos, na escea na que se están quedando sen munición, hai unha cámara lenta, que pode simbolizar o momento máis tenso da persecución e, polo tanto, unha subida de adrenalina, o que provoca unha visión máis lenta dos acontecementos.
No momento no que están faltos de balas e se acaban separando, parece que remata o conflicto, pero coma antes dos tsunamis, tamén hai un momento de calma no que a marea baixa, pero despois vén a onda con máis forza. Pois aquí pasa o mesmo, sepáranse pero só para xusto despois ser corrompidos por completo polo odio (caída da pel superficial que deixa ver dous seres carcomidos e cambio de cor a vermello) e volver á carga.
Despois, cando ambos pilotos están no tiroteo, nótase desesperación nos seus actos e son incansables, o odio fainos incansables, só se queren matar. Esto intensifícase cando xa están no chan e se arrastran, sufrindo, para chegar un xunta o outro. Esta escea está representada en forma de time-lapse, o que dá a entender que pasa moito tempo antes de que poidan chegar a tocarse. Pero non se tocan, o vento acábaos desintegrando. Esto pódese tomar coma unha reflexión: o odio non conduce a nada. O corto acaba cunha serie de imaxes que repasan o tema do odio durante a historia: guerras, armas, etc.
Para finalizar, na miña opinión este é un traballo moi ben logrado. Ten un estilo propio e iso é complicado de conseguir. A animación 3D con esa pincelada de estilo cartoon encantoume e, a trama, que non brilla pola súa complexidade, está moi ben representada. A música está moi ben elixida, encaixa á perfección, ademáis de que é un estilo que persoalmente me gusta. Outro dato a destacar é que o feito de que o corto non teña diálogos fai máis fácil a expansión do espectro de audiencia, xa que se houbera conversación e estiveran en polaco, limitaría o target moitísimo. Este é un detalle a ter en conta e que se agradece.