jueves, 9 de marzo de 2017

Homenaxe a Matrix

Tras ver Matrix, dos irmáns Wachowski, foisenos asignada a tarea de realizarlle unha homenaxe en calqueira formato audiovisual. Eu decidín facer un cinemagraph, que consiste nunha imaxe conxelada na que hai un leve movemento, algo así como unha "foto con vida". Tiven que buscar información de como se facía porque non tiña nin idea, e parecíame un recurso bastante interesante de aprender. Hai un leve movemento que non cadra xa que a imaxe non estaba completamente fixa. Este é o resultado:

martes, 7 de marzo de 2017

Cartel de Cine

Tiñamos que facer un cartel dunha película calquera. Hai que ter en conta que existen unha serie de aspectos que se repiten en infindade de casos, como a composición triangular, ou o feito de que o nome do actor chegue a destacar máis incluso que o título da película. Eu fixen o cartel de Fight Club, de David Fincher. Para iso collín as imaxes máis características da peli e xunteinas facendo tamén unha composición en triángulo, sobre unha imaxe que corresponde cun frame do final do largometraxe.



Sesión de Fotos

Nesta sesión de fotos tiñamos que facer entre 3 e 5 retratos. Eu optei por facer dúas en vertical e outras dúas en horizontal. O modelo é Anxo Nieto e a localización é a fábrica abandonada de Boiro Mar, no Chazo. O clima nese momento do día era perfecto para sacar fotos, xa que as nubes funcionan como difusor da luz do sol aportando unha luz suave. As fotos están posteriormente editadas co LightRoom. 







Matte Painting

Para este traballo tiñamos que realizar un matte painting dixital, que consiste en grabar un vídeo e, mediante a superposición dunha imaxe, modificar parte do contido que se ve.


Eu decidín converterme en mago unha vez máis e facer que tras o armario se abrise unha paisaxe nevada. Para integrar mellor a imaxe apliqueille un pouco de corrector de color e púxenlle sombra polos extremos para darlle algo de profundidade, aparte tamén das partículas de neve caendo.

Música CC: "Magic Forest" Kevin MacLeod (incompetech.com)
Licensed under Creative Commons: By Attribution 3.0 License
http://creativecommons.org/licenses/by/3.0/

viernes, 3 de marzo de 2017

Vídeo a partir de fotos

Hai moitas formas de representar e de plasmar unha historia, e esta consiste en contala a través de imaxes postas unha detrás doutra para crear un vídeo. As fotos que se utilizan son os chamados fotogramas clave dunha acción, algo máis ou menos coma nos cómics.


Pero claro, son só fotos, no hai sonido, polo tanto débese elaborar un traballo de foley. Algúns sons, coma o do microondas, foron grabados por min, mentras que hai outros que saquei de internet. Outro problema é o dos diálogos e no meu caso a historia necesitaba unha conversación. Descartei a opción do doblaxe porque non teño os medios necesarios para que me quede un resultado mínimamente decente, e optei por engadir subtítulos.
A música utilizada está libre de copyright:
Good Starts - Jingle PunksNot for Nothing - Otis McDonaldCrypto - Kevin MacLeod

jueves, 2 de marzo de 2017

Gif

No Gimp hai unha ferramenta na que podes modificar os rostros chamada iWarp. Eu modifiquei a cara enfadada de Samuel L. Jackson a unha expresión de tristeza: