lunes, 30 de enero de 2017

Tatuaxe

Nesta práctica de Gimp tiñamos que poñerlle tattoos ao modelo. Para que queden ben integrados necesítase deformalos un pouco e aplicarlle corrección de color.




viernes, 20 de enero de 2017

Blade Runner

Tras ver Blade Runner, de Ridley Scott, tiñamos que facerlle unha homenaxe, que podía estar feita en calquera manifestación artística. Eu optei pola realización dixital (InkScape) dun cartel:



Este foi o proceso de creación:







A idea principal era poñer a Deckard e, nun segundo plano, a pirámide tan característica do filme. Para esto tracei a silueta da pirámide e utilicei a ferramenta de vectoriación de mapa de bits para a imaxe do Blade Runner
As cores de tons azuis oscuros e desaturados recordan un pouco á atmósfera da cidade na que se ambienta a historia, así como os tons máis claros, que aparte de darlle contraste á composición, fan alusión as luces nocturnas da urbanización.
Decidín tamén incorporar o unicornio de papel, xa que é un dos elementos máis icónicos da obra. Para completar o espacio engadinlle o título da película no alto da pirámide e, como a tipografía é a oficial, fai que o cartel se contextualice moito máis.
Quería ir un paso máis adiante e engadir máis detalles, como a chuvia (tamén moi utilizada no largometraxe). Tamén lle aumentei o contraste.
Neste paso, o traballo xa podería estar acabado, pero pódese ver que, tanto o texto como o unicornio, non se integran completamente co resto de elementos. Pónselle cadansúa textura, un pouco de corrección de color e solucionado.