domingo, 27 de noviembre de 2016

Time-Lapse

Unha nova técnica e, polo tanto, un novo traballo. Desta vez o obxectivo era facer un time-lapse e integralo nunha historia cun mínimo de narrativa. Eu decidín grabar un día da miña vida con esta técnica. Aquí The Life-Lapse:


O procedemento que seguín para a realización deste traballo foi básico: primeiro ter a idea, desenrollala e planear as distintas tomas. Despois, organizar os días de grabación e que tomas facer en cada un. Porque aínda que se vexa un día da miña vida, está grabado en 3 distintos, por problemas de tempo. Entón hai que ter en conta o vestuario, que sea o mesmo, e a iluminación, porque, por exemplo, a última toma está grabada o domingo ás 12:00 do mediodía pero no vídeo correspóndese co momento de irse a dormir. Á hora de poñer a cámara a sacar fotos, é importante ter en conta canto tempo da realidade vai captar e cada cantos segundos vai sacar cada foto. Unha vez feitas, editeinas co Lightroom para que se vexa todo aínda que sea un pouco máis bonito.

Para que non fosen só fotos, púxenlle unha música que encaixa co time-lapse. A canción é Summer Breeze - Tobu & Jordan Kelvin James.

Un último detalle que lle quixen dar ao traballo foi sincronizar os cortes do vídeo cos ritmos da canción. Esto sempre aporta unha mellor estética.


viernes, 25 de noviembre de 2016

Análisis de Paths of Hate

Paths of Hate é un corto de animación 3D feito por Damian Nenow, do Instituto de Cine polaco, no ano 2011.



Comeza o corto e comezan os créditos iniciais, que aparecen sobre un ceo cheo de rastros de fume de avións. As letras desvanécense coma se fosen nubes, o que axuda a integrar todo de maneira perfecta e dende un principio, poñéndonos en situación.

En canto aos planos, podemos ver, sobretodo ao principio, que abundan os moi abertos, con moito espazo, deixando ver a inmensidade das nubes. Este pode ser un recurso que Nenow utiliza para presentar a historia. Despois, tanto o movemento e a inestabilidade, captados por uns planos que parecen grabados cunha terceira avioneta seguindo a traxectoria da persecución, son elementos que axudan a darlle ese dinamismo e esa acción que unha escea coma esta precisa. E para intensificalo, os planos fanse cortos cando hay un momento de tensión.


A medida que nos imos familiarizando con todo e a trama entra xa no seu desenvolvemento, os planos vanse facendo máis cerrados, deixando ver as caras dos protagonistas. Hai tamén planos detalle que nos mostran elementos que son importantes para historia, como o contador de combustible, a foto da muller dun dos pilotos ou como a metralleta que se vai quedando sen balas.


A animación comeza de forma tranquila, pero tan pronto as avionetas entran en plano, o ritmo aumenta considerablemente. O punto máximo de tensión encontrámolo no momento no que están a dous palmos do nivel do mar, neste momento os planos son moi rápidos, hai zooms e movementos bruscos... A maior parte do corto ten un ritmo alto, e é que se está a respresentar o odio a través dunha persecución. Pero hai un momento no que a acción se ralentiza, os planos son largos e están a cámara lenta. Este momento é cando se están quedando sen munición, e probablemente que estea feito así teña un trasfondo, que veremos máis adiante.

En definitiva, combinando planos moi abertos con planos cerrados, o movemento da acción coa estabilidade dos momentos máis calmados e a variación de planos largos e cortos, fan deste corto, tanto a nivel fotográfico como rítmico, unha obra bastante ben lograda.

A parte narrativa desta historia non é moi complexa, xa que non hai diálogo, a trama está contada a través das imaxes e de forma lineal, aínda que non hai unha presentación clara. Non sabemos o motivo polo que as dúas avionetas se están enfrentando. Basicamente a historia resúmese nun enfrentamento entre dúas avionetas, fomentado polo odio, tanto que chega un momento no que ambos se quedan sen munición e parece que se calman, pero aínda lles queda un último recurso, un choque frontal. Pero aínda non é suficiente e, mentras descenden en paracaídas, séguense disparando incansablemente ata que chegan o chan e o odio, todavía presente, dálle as últimas forzas a ambos para arrastrarse pola neve, moi lentamente, pero o vento acaba desintegrando os corpos.

En canto á parte sonora, cabe destacar que, ó ser un corto de animación, hai que engadir todos os sons, é dicir, foley. E neste caso, está moi ben logrado, os sons están ben integrados e non se aprecia nada que estean añadidos a posteriori. En moitos planos, as avionetas vanse movendo dun lado a outro da cámara e pódese notar como o sonido en estéreo fai paneos de dereita a esquerda e viceversa, seguindo a traxectoria.
Cerca do minuto 1:25 escoitamos a primeira música, que nos crea unha certa tensión e nos adianta que algo está por pasar. Esta música para xusto antes do momento no que o piloto presiona o gatillo, acentuando a intensidade do momento. Despois, no minuto 2:37 empeza un tema que engade unha gran cantidade de tensión e que se acentúa quitando o resto de sons, só se escoita única e exclusivamente a melodía estresante. E coma no caso anterior, a música córtase xusto antes de que se efectúe a acción que determina a escea, neste caso, a activación da palanca que acciona as rodas. Seguido desto, vén un tema de xénero rock, que se adapta perfectamente ao ambiente do conflicto.
Cando ambos pilotos quedan sen munición e se separan, soa unha música ambiente relaxada, que indica que chegou a tregua e acabou o conflicto e, polo tanto, sepáranse. Pero volven a carga e polo tanto volven os ritmos acelerados e a música de estilo rock. Máis adiante, na escea dos disparos cando descenden en paracaídas, hai unha melodía tranquila, o cal pode resultar estrano, pero produce unha sensación de que todo está por acabar. Esta melodía sucédese cun último tema de rock que nos deixa cun final épico.

Continuamos coa parte simbólica: está claro o tema que trata este corto, xa o propio título nolo di, o odio. Dende que comeza pódese notar no ambiente que o odio é o que move a estes dous pilotos a intentar matarse. Tamén fai que sexa imposible liberarse del, nin a relixión nin o recordo da muller son quen de extirpar o odio do corpo unha vez entra.



No minuto 4:21, volvendo ao que parágrafos máis arriba comentabamos, na escea na que se están quedando sen munición, hai unha cámara lenta, que pode simbolizar o momento máis tenso da persecución e, polo tanto, unha subida de adrenalina, o que provoca unha visión máis lenta dos acontecementos.
No momento no que están faltos de balas e se acaban separando, parece que remata o conflicto, pero coma antes dos tsunamis, tamén hai un momento de calma no que a marea baixa, pero despois vén a onda con máis forza. Pois aquí pasa o mesmo, sepáranse pero só para xusto despois ser corrompidos por completo polo odio (caída da pel superficial que deixa ver dous seres carcomidos e cambio de cor a vermello) e volver á carga.




Despois, cando ambos pilotos están no tiroteo, nótase desesperación nos seus actos e son incansables, o odio fainos incansables, só se queren matar. Esto intensifícase cando xa están no chan e se arrastran, sufrindo, para chegar un xunta o outro. Esta escea está representada en forma de time-lapse, o que dá a entender que pasa moito tempo antes de que poidan chegar a tocarse. Pero non se tocan, o vento acábaos desintegrando. Esto pódese tomar coma unha reflexión: o odio non conduce a nada. O corto acaba cunha serie de imaxes que repasan o tema do odio durante a historia: guerras, armas, etc.




Para finalizar, na miña opinión este é un traballo moi ben logrado. Ten un estilo propio e iso é complicado de conseguir. A animación 3D con esa pincelada de estilo cartoon encantoume e, a trama, que non brilla pola súa complexidade, está moi ben representada. A música está moi ben elixida, encaixa á perfección, ademáis de que é un estilo que persoalmente me gusta. Outro dato a destacar é que o feito de que o corto non teña diálogos fai máis fácil a expansión do espectro de audiencia, xa que se houbera conversación e estiveran en polaco, limitaría o target moitísimo. Este é un detalle a ter en conta e que se agradece.

jueves, 17 de noviembre de 2016

Interpretación de Cabeza Borradora

Fai pouco vimos na clase a peli Cabeza Borradora, de David Lynch. Unha obra diferente ás demais na que Lynch, como o seu primeiro traballo, xa deixa ver como vai ser o seu estilo.



O traballo que se nos mandou facer foi plasmar a nosa interpretación do filme nun debuxo, nunha foto ou nun corto. Eu escollín a foto.

Deixando de lado a explicación que nos deu Pascual na clase de que é unha constante referencia ao desexo sexual que ten Henry, que por certo a vexo bastante acertada, eu tirei máis por outro lado: Henry pasa de vivir relativamente tranquilo e cómodo a ter que aguantar o peso da conciencia e da responsabilidade de ter que, primeiro, casar con Mary X (persona pola que non sinte apenas nada) e polo tanto aturar a súa familia tan rara e, segundo, coidar do fillo prematuro de apariencia inhumana que tivo con ela. Todo isto acáballe superando e non lle queda outra que ver a muller que baila de dentro do radiador. Esta muller e, en xeral, a situciación enteira, interprétoa como o ceo (ambiente blanco, con moito brillo), ou a morte e, con isto, a tranquilidade de non aturar todo o antes mencionado.



Na miña foto fago unha pequena montaxe na que inmortalizo o momento no que Henry "morre", no que se mete polo radiador para ver á muller que baila. Está en blanco e negro polo simple feito de que Cabeza Borradora tamén o está.



jueves, 3 de noviembre de 2016

L is for Lightning

Chega Halloween e con el a proposta de facer un exercicio de medo, suspense, etc., que non dure moito máis de 1 minuto. A miña proposta é facer que o personaxe se asuste debido a que de repente se apaguen as luces. Non se da conta de que se foi a luz na casa tras unha treboada debido a que ten a música posta (que soe Ghostbusters está relacionado co pensamento posterior do personaxe de que hai fantasmas na casa) e non escoita o ruido dos tronos. Finalmente, xa asustado de todo, quita os cascos e escoita por fin a treboada, calmando a situación.



Neste caso fixen eu todo: grabación, actuación, edición...