domingo, 18 de diciembre de 2016

Stop Motion

O último traballo do primeiro trimestre foi facer un stop motion. Debido ó pouco tempo que tiñamos para facelo, eu decidín utilizalo como un recurso dentro dun vídeo, porque facer nunha semana unha historia completa con esta técnica é moi díficil. Entón ocorréuseme a idea de facer unha historia na que eu aprendera a ser mago e me dedicara a fastidiar a meu irmán. Nace así Como ser Mago:



Como dixen antes, para facer este traballo tiñamos pouco tempo, entonces eu decidín facer tanto un guión técnico como literario (á miña maneira), para que o día de rodaxe saíra todo máis fácil e rápido. Probablemente non coincidan todos os planos co guión, xa que sempre se elimina algún no montaxe si se considera oportuno.

Para os planos de stop motion utilicei a técnica da pixelación, pero de dúas formas: a primeira é a forma clásica, mover-foto-mover-foto... Podémola ver no plano do cubo de rubik. A segunda utiliceina nos planos nos que voaba. Consiste en grabar un vídeo no que vaias saltando a cada paso que das e, despois, en postprodución, cóllense os frames nos que o corpo está máis alto e xúntanse todos.

Para a edición e montaxe seguín o mesmo procedemento que no corto do ano pasado, primeiro montar cada escena por separado, sen efectos de sonido nin visuais. Despois xuntar todas as escenas e retocar uns últimos detalles (continuidade entre planos, transicións...). Tendo todo xunto, é hora de facerlle un retoque ao color para melloralo un pouco e, finalmente, añadir os efectos de sonido mais a música, que a saquei de Incompetech. Os créditos das cancións están postas na descrición do vídeo.


lunes, 5 de diciembre de 2016

Fotomontaxe

Para este traballo tiñamos que facer unha fotomontaxe extraendo unha figura para poñela noutro fondo.
A miña idea principal era usar o famoso cadro de Munch, El Grito, como fondo para esta foto, pero á hora de extraer a cara dinme de conta de que se saía de plano, polo tanto, non ía quedar todo o ben que eu quería.




A idea definitiva ocorréuseme cando estaba resolvendo un cubo de rubik, me caeu ó chan e se despegou unha peza. Pensei que podía quedar ben poñerme a min sentado no borde do oco mirando o interior do cubo. E así me quedou:


Ademáis, esta opción conta con fotos feitas por min: