sábado, 5 de marzo de 2016

Light paintings
















Con este light painting pretendía simbolizar o paso do tempo.


















Neste caso pretendía facer visible a música, facendo que do piano saísen unha serie de "cables" que acaban sendo un pentagrama.

Esquemas de Iluminación





Nesta foto utilizouse un fondo negro e, como luces, hai dúas ventanas á altura da cabeza da modelo, unha a cada lado, é decir, ás 3 e ás 9. Con este esquema pretendía crear unha sombra vertical que se pode ver no seu nariz.















_______________________________




Nestoutra foto séguese mantendo o fondo negro, pero o esquema cambia: hai dúas ventás, a da luz principal está situada ás 4 e un pouco elevada, apuntando evidentemente ao modelo. A segunda ventá está situada na dirección oposta á principal: baixa e ás 10. O resultado deste esquema é un retrato no que se crea unha sombra ao largo dun lado da cara, seguida dun brillo que recorta o modelo diferenciándoo do fondo.



___________________________________________
















Neste retrato vólvese a utilizar o fondo negro, pero desta vez está iluminado cun foco con filtro azul, a baixa intensidade, colocado detrás da modelo e apuntando ó fondo de tal maneira que o centro da luz coincida coa súa cabeza. Nesta foto pretendía facer o chamado "efecto mariposa" e, polo tanto, crear esa sombra baixo o nariz. Para isto coloquei unha ventana elevada ás 6, xusto en frente da modelo. Só con este esquema, creábanse na súa cara sombras moi definidas que non me gustaban, así que, para suavizalas un pouco, añadín un reflector plateado na mesma posición que a luz principal, pero desta vez baixa. Por último, neste caso escollín unha foto horizontal para así seguir a regra dos terzos.