jueves, 20 de octubre de 2016

Grito Wilhelm

Para este traballo simplemente tiñamos que poñerlle o famoso grito Wilhelm a un vídeo. Carla Fernández mais eu decidimos crear unha pequena trama. Neste caso eu son un pesado que non cala nunca e Carla só quere pasar un pouco o rato xogando ó billar. Carla cánsase de escoitarme e acábame dando cunha bóla nos dedos, o que fai que grite.




Neste caso ambos traballamos como actores, como e cámaras e tamén fomos pulindo entre os dous a idea.

De la Calma a la Furia

Desta vez propuxéronnos facer un pequeno vídeo que comezara calmado e fose aumentando o ritmo, chegando á furia. Carla Fernández mais eu decantámonos por facer que a personaxe, que ten que entregar para o día seguinte un traballo moi importante, perda o lapis. Pero en realidade teno posto na orella e dáse conta ao pasar diante dun espello, momento no que se retoma a calma.



Carla encargouse neste caso de ser a actriz, e eu de grabar e montar. A idea fómola pulindo en conxunto.